11/08/2005 13:05 |
Luque e Sergio, na lista de Aragonés
Albert Luque e Sergio son os dous deportivistas da lista de convocados por Luís Aragonés para o encontro amigable de España ante Uruguai do próximo mércores no Molinón.
Albert Luque manifestou esta mañá "nós somos os primeiros interesados en seguir loitando polo título, pero está máis complicado que antes" e engadiu "mentres existan posibilidades hai que loitar, nós somos os primeiros que non queremos perder e hai que aproveitar as oportunidades".
En canto ao Atlético de Madrid, Luque advertiu "hai que ter coidado con eles porque as súas opcións en Europa pasan por gañar aquí" e dixo "é un equipo que se lle saen as cousas ben se che pode facer moi complicado".
O dianteiro deportivista quixo felicitar publicamente a Roy Makaay, virtual Bota de Ouro "para calquera equipo é un orgullo e un prestixio ter á Bota de Ouro e moi poucos poden conseguilo".