RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque: O perdido co Espanyol temos que ir gañalo a Sevilla

Albert Luque, que tivo que ser substituído á media hora de xogo en Montjuic ao sufrir un golpe, compareción esta mañá en rolda de prensa para comentar como evoluciona e confirmou "aínda me doe un pouquiño pero vai mellor" aínda que non quixo falar de praz

Luque mostrouse contrariado coa derrota en Barcelona "o Deportivo é un equipo que aspira a todo e non pode perder ante o Espanyol" e engadiu "e menos cando no minuto 3 vas gañando e despois nun cuarto de hora métenche 3 goles... non podemos perder así".

O xogador recoñeceu estar desgustado "eu estaba convencido de que iamos gañar e ademais, a nivel persoal, despois de reclamar a titularidade e teño que pedir o cambio polo golpe..."

Luque recoñeceu que a derrota, ademais de por falta de acerto, é en parte culpa de todos "todos atacamos e todos defendemos, o sistema era o mesmo despois do 0 a 1, foi un dos partidos con máis ocasións, pero tamén é importante antener a portaría a cero".
E asegurou "o que perdiches co Espanyol tes agora que ir gañalo a Sevilla co Betis, porque é un rival directo, que está aí arriba..."

Héctor: O partido co Murcia será diferente

Héctor manifestou esta mañá que o encontro en Murcia será distinto "eles terán que cambiar a súa forma de xogar ao encaixar aquí un gol" dixo e engadiu "eu estou preparado para xogar onde sexa".

O xogador quixo felicitar ao Real pero dixo "a distancia con eles aínda é salvable, sempre que non fallemos".