RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque: O que me queira debe pasar pola Praza de Pontevedra

Albert Luque saíu esta mañá ao paso das informacións aparecidas en diversos medios de comunicación nacionais nas que se daba conta dunha comida na Coruña, horas antes do partido ante o Barcelona, entre os seus representantes e o secretario técnico do B

Asegurou o dianteiro catalán que está moi feliz xogando no Dépor e que "oxalá poida estar aquí moitos anos e marcando moitos goles". Recoñeceu iso si Luque que non estivo fino ante o cadro catalán: "o meu desexo fose meter un 'hat-trick'. Pero non puido ser".
Así mesmo, Jorge Andrade, central portugués, manifestou que o equipo vai loitar ata o final polo menos para acceder directamente á liga de Campións. Cre o internacional que agora, co Real Madrid tan lonxe, o campionato está moi complicado.