RCD / NOVAS

Luque, Valerón e César, na lista de Sáez

Os deportivistas Albert Luque, Juan Carlos Valerón e César Martín están na lista do seleccionador nacional para a decisiva eliminatoria a dobre partido contra Noruega onde España xógase un posto para a Eurocopa.

06/11/2003 12:28

O partido de ida da repesca para a Eurocopa de Portugal 2004 disputarase o 15 de novembro en Valencia e a volta, o día 19.

O resto da convocatoria fórmana :
ATLÉTICO: Fernando Torres
ATHLETIC: Etxeberria
BARCELONA: Puyol
BETIS: Joaquín
REAL MADRID: Casillas, Guti, Helguera,Michel Salgado, Raúl Bravo e Raúl
SEVILLA: Reyes
REAL SOCIEDADE: Xabi Alonso
VALENCIA: Albelda, Baralla, Vicente,Marchena e Cañizares.

Máis novas de: CÉSAR

RCD / Noticias Relacionadas

24/03/2005 22:32 |

Hoxe en Dépor Sport
César: Quero acabar o meu contrato no Dépor

César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente, adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a situación mellore.