RCD / NOVAS

Lux adestra con normalidade pero Juan Carlos retírase cunha escordadura no seu nocello esquerdo

- Foto: Susi García - A meta deportivista Germán Lux se ejercitó con normalidade esta mañana en Abegondo, nun adestramento táctico dirixido por Fernando Vázquez. O técnico deportivista probó varios sistemas e posicións de futbolistas de face ao encontro deste domingo (18.15 horas, A Sexta) en Mendizorroza ante o Alavés.

08/05/2014 14:42

A nota negativa protagonizouna Juan Carlos, que se viu obrigado a retirarse do adestramento ao sufrir unha escordadura no seu nocello esquerdo. Os Servizos Médicos agardarán agora á súa evolución nas próximas horas.

Mañá venres, como é habitual dous días antes de cada partido, o primeiro equipo afrontará unha sesión de recuperación. Será ás 10.30 en Zona Fit, o ximnasio do Club sito nos baixos do Estadio de Riazor.

Máis novas de: JUAN CARLOS, POROTO LUX