RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux advirte que ''os inicios de tempada son clave''

  Germán Lux compareció en rolda de prensa esta mañana en Abegondo. O internacional arxentino deseó en primeiro lugar unha rápida recuperación de Fabricio: "Xa está adestrando ben e esperemos

A nivel persoal, advirte que "sempre estou preparado para xogar. Sempre adestro con esa finalidade. Despois as decisións son do adestrador e máis se o compañeiro que o está facendo está a facelo ben. Vostedes saben que o posto é complicado e un ten que seguir traballando, ser humilde e esperar oportunidades: neste caso por lesión, ou cando un gáñase o posto ou por expulsión".

Subliñou que prefire deixar á marxe o tema de Luisinho e "enfocarme no partido do sábado, que é moi importante. É o inicio de tempada e creo que non hai que desviar a atención. É un caso delicado, pero eu prefiro centrarme no min e o equipo é o que ten que facer".
 
Cre Lux que "os inicios das tempadas son clave. Prefiro ter fochancas ou altibaixos máis adiante. O inicio da tempada é clave e oxalá teñamos a sorte ou que o equipo vaia funcionado e podamos sacar bos resultados nos primeiros partidos".