RCD / NOVAS

Lux, Cani e Juan Domínguez inauguran mañá a campaña de Coca Cola ''Tira o Penalti do Derbi''

  Tres futbolistas do Deportivo, Germán Lux, Cani e Juan Domínguez, inaugurarán mañana xoves pola tarde cámpaaña de Coca Cola 'Tira o Penalti do Derbi' nun acto simultáneo en tres centros comerciais da Coruña: Alcampo, Carrefour Alfonso Molina e Carrefour Os Rosales.

11/11/2015 20:40

Así, Lux estará en Alcampo Coruña (Avenida Alfonso Molina s/n de Palavea) ás 17.30; Cani no Carrefour dos Rosales ás 18.00 horas; e Juan Domínguez ás 18.30 no Carrefour de Alfonso Molina.

Os xogadores branquiazuis súmanse así a esta iniciativa que nace con motivo do partido da liga BBVA que disputarán no estadio de Riazor o Deportivo e o Celta o vindeiro sábado 21 de novembro (22.05, TVE1). O tres futbolistas branquiazuis lanzarán penaltis, xogarán cos nenos e asinarán autógrafos a todos os afeccionados presentes, para os que se sorterarán entradas para o partido, bufandas do Dépor e outros agasallos.
 
A tempada pasada participaron nesta mesma campaña de Coca Cola 'Tira o Penalti do Derbi' Diogo Salomão, José Rodríguez e Pablo Insua.

Máis novas de: JUAN DOMÍNGUEZ, POROTO LUX, CANI