RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lux di adeus entre bágoas: "A miña familia e eu estamos moi agradecidos por todo"

Poroto Lux despediuse esta mañá do Real Club Deportivo e do deportivismo nunha rolda de prensa celebrada en Abegondo no seu regreso a España tras as vacacións e incorporación a River Plate.

Acompañaron o meta arxentino o conselleiro Juan José Jaén; o director deportivo, Richard Barral; o director da secretaría técnica, Ernesto Bello; o delegado Juan Ángel Barros; e unha representación dos seus xa excompañeiros: Mosquera, Arribas, Navarro, Borges, Borja Valle e Saúl.

Agradeceu "ao expresidente e ao anterior consello por traerme. A Ernesto (Bello) por confiar en min. Tamén agradecido a Tino e ao seu consello por confiar ano tras ano. Para min e a miña familia, o Deportivo é como a nosa familia. Pasámolo moi ben, estivemos moi cómodos, moi agradecidos á xente, ao agarimo de toda a xente, tratáronnos magníficamente. E contento con este novo desafío que me toca vivir. Con moita expectativa e moita ilusión".

Mostrouse "contento polo que fixen en Europa. Gustaríame que na parte deportiva quizais que fose doutra maneira. Pero non me arrepinto de nada. Isto é fútbol. Tiven dedicación, esforzo, sempre fun humilde. Sempre tratei de axudar, de construír tanto dentro como fóra da cancha".

Tras responder ás preguntas dos medios de comunicación, e antes de finalizar a súa comparecencia, Lux tomou 'motu proprio' a palabra. Visiblemente emocionado, entre bágoas, expresou o seguinte: "Agradecerlle a todos, tamén a vostedes (os xornalistas) por estes anos, a todos os meus compañeiros que pasaron polo Deportivo e que compartimos vestiario, desde Saleta (lavandaría) ata Suso (utilero), ata o último empregado iso é o que me levo. Para min foron moi importantes porque son como a miña familia.

A miña familia e eu estamos moi agradecidos por todos estes anos que estivemos na Coruña.

Tamén agradecerlle a Laure e a Álex o seu paso polo Dépor. Aprendín e ensináronme cousas moi importantes, valores, que é o que a min me importa da xente, das persoas.

E á afección grazas, porque eles son o sostén e o alicerce número un desta institución. Sen eles sería difícil. Eles viven o fútbol cunha paixón moi parecida ao fútbol arxentino. Estou agradecido.

A todos os meus amigos que teño fóra do Club. Foron moitos anos, un fai amizades e ponse un pouco triste. Estou contento porque vou estar coa miña familia, porque hai 10 anos que non estou no meu país. Vou estar coa miña xente. Estou moi feliz por iso. Moitas grazas".