RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Estamos centrados no noso obxectivo, que é a salvación e canto antes

Germán Lux compareció esta tarde en rolda de prensa en Abegondo. A meta deportivista lembra que "recién empezamos e falta muchísimo todavía. O equipo está ben, estamos contentos. Sabemos onde nos equivocamos

Nesta liña, opina que "en liñas xerais o equipo está a responder, está a competir e iso é o que queremos. A tempada é moi longa. Esperemos non sufrir tanto e non chegar ao final apertados. O obxectivo témolo ben claro, que é a salvación canto antes. Dentro do vestiario non nos desviamos dese obxectivo. Sabemos que xeramos ilusión na xente no primeiras tres xornadas, pero iso é normal. O equipo está ben e compite ben, pero nós estamos centrados no noso obxectivo que é a salvación e canto antes".

Pide Lux "pensar partido a partido. Agora vén un importante fose de casa, un rival complicado (o Real Betis) que nolo vai a pór moi difícil. Esperemos traballar entre mañá e pasado pola mañá para sacar adiante o partido".

O porteiro arxentino advirte que "van vir momentos complicados. É así, a tempada é larguísima. Nós temos que ter os pés sobre a terra. Confeccionamos un bo persoal de moitos xogadores. Temos calidade pero co tempo témolo que ir demostrando dentro do campo, sumando, tendo moitos puntos e tratando de conseguir o obxectivo antes, porque é o que todos queremos".