RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: ''estes 14 partidos competímolos todos e o 15 tamén vai ser así''

  Poroto Lux compareció esta mañana en rolda de prensa en Abegondo. A meta deportivista calificó ao Barcelona, rival do Dépor este sábado 12 de decembro no Camp Nou (16.00 horas, Canle + Liga / Abono Fú

Insiste Lux en que o Dépor saltará con precaucións pero tamén "a aproveitar algunha oportunidade que teremos, que sen dúbida a imos a ter". "Sabemos das dificultades que terá o partido, iso témolo máis que claro. Pero non renunciamos a nada e a ilusión témola", engade.

Subliña o internacional arxentino que "non nos damos nunca por vencidos. Estes 14 partidos competímolos todos e o 15 tamén vai ser así. Trataremos de facer todo o posible, de estar concentrados os 90 minutos e de manter a intensidade ben arriba".
 
Define a actual situación do Dépor, sexto na táboa, como "bastante cómoda. Iso non quere dicir que esteamos relaxados".
 
Neste sentido, opina Lux que "ninguén nos regalou nada. Fixémolo a base de traballo, de moito traballo, e de competir todos os partidos, porque competimos todos moi ben. Esa tranquilidade non nos ten que levar a relaxarnos. Non nos conformamos con nada. Temos  un obxectivo, unha ilusión, e querémolo conseguir canto antes. Se algún día conseguimos ese obxectivo, pensaremos noutra cousa".