RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lux fala de colectivo e Mosquera destaca o apoio da afección

Poroto Lux e Pedro Mosquera atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio do Molinón.

O meta deportivista apuntou que "sabiamos que ía ser un partido difícil. Viñemos mentalizados para iso. Sabemos que é un campo complicado, que a xente axuda moito ao seu equipo. A verdade é que en liñas xerais contento co triunfo, un pouco angustiado polo sufrimento, pero hai que sufrir para gañar partidos".

Cre Lux que "o triunfo é moi importante para nós e agora temos que seguir facéndoo bo co partido que temos en casa o mércores (8 de marzo, 18:45, Bein Sports) ante o Betis".

Autor da parada do partido que evitou o empate a poucos minutos para o final, sostén que "se no individual todos sumamos e todos estamos no mellor momento, no colectivo imos andar ben porque temos bo equipo, somos bos xogadores, que por motivos distintos metémonos nunha situación complicada".

Pola súa banda, Pedro Mosquera, autor do tanto do triunfo, explica que a acción do seu gol que sentenciou o partido é unha "xogada de estratexia. Eu estaba colocado no segundo pau, nunha pantalla para que rematase Arribas. O balón ía un pouco máis pasado e ao final puiden meter a cabeza".

Mostrouse agradecido aos máis de mil deportivistas que non deixaron de animar en ningún momento desde as bancadas: "Debémosllo todo a eles porque sempre nos apoian, sempre veñen de viaxe, non só aquí a Xixón, que está relativamente máis preto. É unha envexa para calquera afección de España".