RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: ''o equipo está tranquilo, pero ten ganas que esa vitoria chegue''

  Poroto Lux foi un dos futbolistas destacados o pasado sábado en Cornellá-O Prat. Esta mañana, en rolda de prensa en Abegondo, deseó en primeiro lugar unha "pronta recuperación" a Sidnei, lesionado

A meta branquiazul recoñeceu que "non estamos ben, porque creo que o equipo necesita esa vitoria. Fixemos unha primeira parte (o pasado sábado) onde xeramos fútbol, non dígoche os 45 minutos, pero xeramos fútbol e ocasións claras para adiantarnos, e non puidemos. Na segunda parte non tivemos profundidade e practicamente chegamos moi pouco a portaría. O Espanyol fixo o seu partido. Se replegaron atrás, esperaron os erros nosos, déronnos o balón, deixáronnos xogar e na segunda parte si que tiveron moitas ocasións para adiantarse aínda máis".

Conclúe Lux que o Dépor foise de Cornellá "coa sensación que non puidemos sumar. O equipo está tranquilo pero ten ganas que esa vitoria chegue. No que vai deste ano non gañamos aínda. Pero somos reiterativos porque en varios partidos o equipo fixo méritos suficientes. Pero isto non é de méritos, é de goles, de resultados. E é o que imos buscar este fin de semana contra o Granada".
 
Subliña que "o tramo este de final de tempada é complicado para todos os equipos e máis aínda para os que apertan de abaixo. Temos a experiencia de que sempre os equipos de abaixo apertan e empezan a sacar resultados, e enfrontámonos a outro rival directo polo obxectivo que temos. Estamos nós aínda cómodos na clasificación pero non queremos conformarnos, queremos pechar o obxectivo canto antes e para pechalo temos que conseguir vitorias. E imos empezar o fin de semana ante un equipo que seguramente vai ser moi complicado, e vainos a pór as cousas difíciles, porque se está xogando a vida".
 
Lux insiste en que "entendemos e somos nós os primeiros que queremos que esa vitoria chegue. Queremos gañar, tentámolo sempre. O equipo sempre sae a competir e a gañar. Non sabemos facelo doutra maneira. Entendemos que a xente queira sempre que o equipo gañe, pero eu creo que a afección nosa está moi tranquila porque o equipo está a facer todo o que pode, está a dar todo e só resta seguir traballando e que con tempo a vitoria vai chegar. Non dubido que vai ser este fin de semana".
 
Non quixo falar da súa renovación: "Só quero centrarme en xogar, en seguir xogando partidos, en tratar de facelo cada día mellor, en seguir traballando como o fago e axudar ao equipo".