RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lux: "O meu soño e a miña ilusión é que teñamos ao final algunha tempada tranquila e que podamos pensar en cousas máis ambiciosas"

Lux afirmou esta mañá na sala de prensa que "o meu soño e a miña ilusión é que teñamos ao final algunha temporada tranquila e que podamos pensar en cousas máis ambiciosas e non en cousas como pelexar polo descenso".

Reitera que "manterse en Primeira é fundamental, pero oxalá algún día podamos ver ao Deportivo máis arriba".

Preguntado sobre o seu futuro, a meta arxentino subliña, "como dixen mil veces, que estou encantado no Dépor. E xa veremos. O único que quero é seguir centrándome na Valencia e en poder sacar ao Deportivo desta situación, de poder afastarnos da zona de descenso".

Cre que é importante "pensar no Valencia e non pensar no máis aló, nos outros partidos. Ir enfocándonos no partido seguinte como o vimos facendo e poder competilo. O importante é iso, competir os partidos, ser un equipo serio, equilibrado, ordenado. Estamos a traballar para seguir nesa serie positiva que estamos a ter".

Poroto Lux opina que o público que se vai atopar o Deportivo este domingo 2 de abril en Valencia (18:30, Bein Sports), "é un público que está co seu equipo a matar. Pero pódelle xogar un pouco á hora de presionarlles un pouco. Nós imos facer o noso xogo e poder sacar os tres puntos".

Non se fía da irregularidade do equipo valencianista: "Sabemos que é un gran equipo, con moi bo cadro. Ten moi bo equipo, para estar máis arriba".

Define a Pepe Mel como un técnico "gañador, que nos inculca moita confianza, que creamos moito en nós mesmos e sempre en mirar a portería contraria. Xogar sempre para adiante, o primeiro pase sempre para adiante".

No entanto, advirte que "o feito de chegar e ter que estar nunha situación de necesitar puntuar como sexa, moito do que pensas non o podes facer. Esa é a miña opinión. Un adestrador cando chega e ten que sumar porque está en zona de descenso ou porque está preto da zona de descenso, non pensas como xogas, se xogas ben. O que necesitas é o resultado".

Engade que o técnico madrileño "deunos unha inxección de optimismo, de confianza, de crérnolo máis. E estase dando ben. Hai que darlle continuidade e seguir nesta liña de confianza e de facer bos partidos, de competir máis que nada".