RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Queremos que o equipo sexa competitivo, agresivo, presione o máis arriba posible

Germán Lux compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. A meta internacional, titular ante o Eibar o pasado venres, se mostró "contento por xogar, sempre o digo. As decisións son sempre do adestrador. Eu sempre qu

Do debut ligueiro, resalta que "o máis importante é o resultado, en xeral ese tres puntos e a primeira vitoria. O xogo non foi o máis bo".

Recoñece que houbo "un pouco de ansiedade, nerviosismo na primeira xornada. Vainos a levar un pouco de tempo o feito de iniciar a liga. A todos os equipos pásalles. Creo que non fixemos un bo partido".

Sobre a competencia na portaría, Lux di que os xogadores "o que temos que facer é adestrar, ser humildes, competir polo posto sanamente e ser egoísta á hora de querer xogar".

Referente ao equipo, subliña a meta arxentino que "queremos que sexa competitivo, que sexa agresivo, que presione o máis arriba posible. Sempre queremos ser protagonistas, ir apertar arriba e ter as nosas opcións".

En canto ao choque deste venres 26 de agosto no Estadio Benito Villamarín de Sevilla ante o Betis (20.45, Gol TV), opina Lux que "imos ir a un campo complicado, difícil. Un equipo que arrincou mal porque lle tocou co Barcelona. Pero creo que este escenario o imos a vivir durante todo o ano, porque a maioría dos equipos van vir derrotados a xogar contra nós".

Pola súa banda, Óscar Pinchi, autor de cinco goles o pasado domingo en partido ligueiro do Fabril ante o Compostela, confesou na sala de prensa estar "contento por meter cinco goles e polo tres puntos".

Conta que recibiu a felicitación dos seus compañeiros, incluso algunha broma, e tamén a dos dous adestradores (Cristóbal Parralo e Gaika Garitano): "Déronme o parabén e que siga traballando".

O canteirán deportivista, tras facer a pretemporada co primeiro equipo, asegura que quere "seguir mellorando, facéndoo o mellor posible. Tentando convencer ao míster de que podo ter un sitio no persoal".