RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux, sobre o partido do sábado en Barcelona: ''Temos que ser un equipo intenso''

  Germán 'Poroto' Lux compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo ante os medios informativos. Recordó os dous últimos empates que arrancó o Dépor en os seus dous últimas

Advirte que "a ilusión, a responsabilidade e o compromiso que temos é de ir facer un bo partido" este sábado 15 de outubro en Barcelona (16.15, Bein Sports).

Apunta ante esta nova visita ao feudo culé que "as sensacións do equipo son boas, vimos en boa liña e é o que queremos seguir facendo. Facer un partido correcto, serio, cunha orde defensiva que é o que nos caracteriza e ver que podemos facer na fase ofensiva."
 
Neste sentido, engade Lux que "o equipo está ben, recuperamos xogadores, xa temos a Carles (Gil). Estamos todos salvo Joselu a disposición do adestrador, con ilusión e expectativas; e a seguir nesta liña, que estamos a ascender, e mellorar".
 
Cre o internacional arxentino que este sábado "temos que ser un equipo intenso. Eles teñen a maioría dos seus xogadores nas súas seleccións, teñen xogadores lesionados pero é o Barcelona e ten grandes xogadores. Por máis que non xogue Messi xogará outro e a dificultade, quizá non é a mesma, pero é grande".
 
Valoraría un empate como "un resultado marabilloso. Pero hai que xogar o partido e despois o luns falamos, ou o domingo neste caso".
 
Sobre a presenza ou non de Messi, o seu compatriota Poroto Lux foi rotundo: "Eu prefiro xogar cos mellores. Gozar co que che regala o fútbol que é marabilloso, de xogar un partido no campo do Barcelona, con eses xogadores que son os mellores do mundo. A nivel persoal por min que xogue se está recuperado".