RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Todas as fichaxes que fixo o Deportivo son interesantes. Todos viñeron para sumar

Poroto Lux aseguró en rolda de prensa que esta tempada "ficháronse moitos xogadores de calidade. Agora resta que nós como equipo avalemos esas fichaxes". Neste sentido, pide "demostrar no campo" que este añou hai mellor p

O internacional arxentino subliña que "todas as fichaxes que fixo o Deportivo son interesantes. Todos viñeron para sumar, para achegar. Temos que ser un equipo por diante das individualidades. E éso é o que buscamos todos, tratar de estar ao cento por cento para que o equipo creza".

A nivel individual, advirte que "eu trato de estar sempre ao cento por cento, de brindarme ao máximo e facer as cousas que me pide o adestrador. Despois saen ou non saen".

Recoñece que sente agora mesmo "con confianza e é importante. Facía moito que non xogaba con regularidade e van dous partidos que tamén son poucos. O que eu busco é xogar e cuantos máis partidos mellor porque me vou a sentir en óptimas condicións".

Confesa Lux que ten "soños por cumprir" na súa carreira profesional, como a de xogar "unha tempada con regularidade na Primeira División", ou "poder volver á selección arxentina. Tocoume saír despois de non ir ao Mundial, e quedoume unha espinita aí".