RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Vázquez quería un equipo molesto e invulnerable. E conseguiuno

Germán Lux, co seu compañero Fabricio, volven ocupar o posto de porteiros menos goleados da liga Adiante, con 24 goles encaixados en 34 partidos disputados ata a data. Con 26 encaixados está o Eibar, segundo na táboa. A ésto se

Cre Lux que ao longo da presente tempada, "non tivemos refachos tan malos. O equipo foi sempre sólido". Desvelou ademais unha conversación con Fernando Vázquez na que o técnico "me comentou que o meu porteiro ten que ser o 'Zamora' da categoría. E non se equivoca. Quería un equipo molesto e invulnerable. E el conseguiuno".

Sobre o Malloca, rival este domingo 20 de abril ás 12.00 horas (Canle Plus 1) no Iberostar Estadio, Lux asegura que "ten un persoal moi bo, con xogadores de moita calidade. Foron moi irregulares, non sei porqué. Ferramentas para saír adiante creo que teñen."

Por conseguinte, pide "facer un bo partido, con moita intensidade".