RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: Vin a cumprir un soño e eu vouno a cumprir o fin de semana

Poroto Lux xa vivió o ascenso hai dúas tempadas do Deportivo de José Luís Oltra. A poucas horas do encontro ante o Real Jaén, a meta deportivista aseguró esta mañana en rolda de prensa que "o sábado ser&aacut

"Vin a cumprir un soño e eu vouno a cumprir o fin de semana", manifestou nun momento da súa comparecencia pública.

Lux di ter "só palabras de agradecemento para a xente. Eu polo menos desde que estou aquí portouse sempre moi ben. Sempre estivo co equipo, sempre apoiando. E para o equipo e para todos é moi bo. Queremos dedicarllo a todos eles".

Recoñece que "se me poño en lugar deles como afeccionado podería estar un pouco desgustado porque pasaron moitas oportunidades. Pero son xogador de fútbol e o único que podo dicirlles é que vaian ao campo e logo festexaremos fóra del. Pero agradecerlles todo o que fixeron estando preto do equipo".

Do conxunto andaluz, Lux advirte que "están comprometidos co descenso. Non podemos relaxarnos nin un minuto. É un rival perigoso porque se están xogando moito".