RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

M. Pablo anuncia que estes días abordará co Club o seu futuro e Sidnei vese no Dépor en xullo

  Os futbolistas en zona mixta (Manuel Pablo, Alex Bergantiñvos e Sidnei) analizaron a tempada recién finalizada.

Así, Manuel Pablo dixo isto sobre o seu futuro: "Non o sei. Agora temos que falar". "Tento gozar cada minuto como o último pero non o sei. Estou moi cómodo aquí, aínda me quedan dous anos no Club e imos ver o que se decide".
 
Subliña o lateral deportivista que "me gusta o fútbol, todo o que rodea ao fútbol e sei que me vai a gustar calquera cousa que faga despois. Pero onde sinto máis cómodo é na caseta, no vestiario, cos compañeiros, adestrando".
 
Pola súa banda, Sidnei asegurou sobre o seu futuro que "en xullo me vexo no Deportivo". Do partido ante o Real Madrid opina o central deportivista, un dos destacados esta campaña, que "fixemos un gran traballo ante un gran equipo".
 
Recoñece que "nos gustaría outro resultado, pero ímonos contentos de como acabamos a tempada".
 
Finalmente, Alex Bergantiños apunta que o Deportivo realizou "un partido digno" ante o Real Madrid.
 
Agora, o centrocampista coruñés pide "descansar e cargar as pilas para a próxima tempada". Sobre o sucedido estes últimos días, Alex cre que é agora tempo de analizar todo o ocorrido con tranquilidade.