RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mackay resalta que "soubemos facer o noso xogo" e Pablo Martínez cre que "fixemos case o partido perfecto"

Ian Mackay e Pablo Martínez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR concluído o encontro ante o RC Celta B.

O capitán subliñou que "o partido tivo dúas partes distintas: antes e despois da expulsión. A primeira parte foi un ti a ti, sen moitas ocasións. Logo despois da expulsión soubemos facer o noso xogo mellor e conseguimos levarnos os 3 puntos, que era o máis importante".

Sen encaixar hoxe de novo, resalta que "canto máis tempo estea a portería a cero máis posibilidades temos de gañar o partido".

Lembra que o Dépor ten que mellorar lonxe de ABANCA-RIAZOR porque "necesitamos sacar os 3 puntos xa. Imos gozar a vitoria de hoxe e mañá porémonos as pilas para Salamanca e conseguir os 3 puntos".

Quixo de novo dar as grazas a #ANOSAFORZA porque "é normal que cando perdamos a xente enfádese. O luns está enfadada, o mércores comprando entradas, o xoves sacándose carnés de socio de Unionistas para ir o partido... ¿Que vou dicir? Tentamos que gozar e se eles gozan, nós tamén. Cos 3 puntos de hoxe achegámonos ao obxectivo, estamos a 3 puntos do AD Alcorcón, temos que tentar sacar os 3 puntos de Salamanca e dar un golpe encima da mesa".

Pola súa banda, Pablo Martínez valora a importancia do triunfo despois da derrota a pasada fin de semana e recalca que "fixemos case o partido perfecto. Non me acordo de ningunha ocasión deles. Traballamos moi ben".

O defensor deportivista admite que "cando hai unha expulsión axiña que é máis fácil pero pódesche relaxar tamén. Non o fixemos. Foi un partido que estivemos moi concentrados e darlle o parabén a todo o equipo".

Aínda que resalta que o RC Celta B defende moi ben, "nós en ABANCA-RIAZOR xogamos moi ben. Fixemos o partido perfecto. Puidemos marcar máis goles pero 2-0 e 3 puntos, que é o máis importante".

Do mesmo xeito que Ian Mackay, Pablo Martínez tamén se marca como obxectivo mellorar lonxe de ABANCA-RIAZOR: "Hai que cambiar iso se queremos subir directamente porque non podemos xogar como o fixemos a semana pasada. Hoxe todo o mundo era consciente de que tiñamos que facer un bo partido, ademais contra o RC Celta B, para #ANOSAFORZA, que nos apoia e sempre vén vernos".