RCD / NOVAS

Máis de 300 deportivistas apoiarán ao equipo en El Molinón

14/09/2019 18:20

Algo máis de 300 afeccionados branquiazuis animarán ao Deportivo desde a bancada visitante do estadio El Molinón-Enrique Castro "Quini", no partido da 5ª xornada de LaLiga SmartBank, mañá domingo 15 de setembro a partir das 21:00 horas.

Boa parte de #ANOSAFORZA presente na cidade asturiana representará ademais a 17 peñas: Bodipo, Rouba Risons, Deivy, Uxes, Caña Derbas, Cambresa, La Cuesta, Brigantium, Burela, Camping Mariñana, Rias Baixas, Manuel Pablo, Noroeste Turco, Camándulas RCD, Foz, Pontedeume e Ría de Mondoñedo.