RCD / NOVAS

Máis de medio milleiro de afeccionados alentarán ao Dépor en El Sadar

12/04/2019 20:50

Algo máis de medio milleiro de deportivistas animarán ao equipo branquiazul desde a bancada visitante de El Sadar, onde o Dépor medirase mañá sábado 13 de abril ao CA Osasuna.

Boa parte de #ANOSAFORZA presente na capital navarra representará ademais a 34 peñas: Chamberí, Verín Pablo Amo, Djalminha, Deivy, Rebumbio, La Cuesta, La Cabaña del Cazador, Caramuxo, Buddha, Orgullo Koruño, Faluya, La Unión, Miau Miau, Jaballi, Cheka, Al Sur de Riazor, Perla de Arousa, Barcelona, Brigantium, La Estrella, Camándulas RCD, Chaflán, Caña Derbas, Manuel Pablo, 1906, O Roxo, El Bierzo, Noroeste Turco, Teixeiro, Ventorrillo, A Tablilla, Dino's Monte Alto, Mazaricos e Centenariazo.