RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis semanas, máis sedes, máis diversión: os DéporCampus Cabreiroá 2018 xa están en marcha. Inscricións abertas!

Co arranque do mes de maio, os DéporCampus Cabreiroá 2018 comezan a súa actividade organizativa coa apertura das inscricións nalgunhas sedes, como o caso da central en Abegondo, que este ano terá máis semanas e actividades lúdicas na última xornada de cada unha das quendas. A última semana de xuño, as 4 de xullo e a primeira de agosto será posible gozar da experiencia Dépor na Cidade Deportiva branquiazul. Seis semanas de actividade cos mesmos prezos que na edición 2017 para todos aqueles que se inscriban antes do 1 de xuño. Toda a información e inscricións (que só poden efectuarse vía telemática) está dispoñible en www.deporcampus.rcdeportivo.es.

Os DéporCampus Cabreiroá non paran de crecer. Ao maior número de semanas en Abegondo súmanse novas sedes que levarán a actividade ás 4 provincias galegas, coa estrea da sede pontevedresa de Cuntis e á actividade en Ourense capital. En Lugo continúan as citas de Monforte e Viveiro, mentres que a provincia da Coruña, ademais de Abegondo, acollerá DéporCampus Cabreiroá nas Pontes, Caranza, Ordes, Zas, Bertamiráns, Dumbría e Boiro. Ademais, o DéporCampus Cabreiroá, que xa se celebra desde hai 2 anos tamén en Suíza, terá outras dúas sedes a nivel nacional en Camargo (Cantabria) e Plasencia (Estremadura).