RCD / NOVAS

Maksym Koval chega esta fin de semana á Coruña para pechar a súa incorporación ao Deportivo

20/01/2018 22:00

O porteiro internacional ucraíno Maksym Koval aterrará o domingo pola noite na Coruña para pechar a súa incorporación ao Real Club Deportivo. Após o acordo co seu club de procedencia, o Dinamo de Kiev, queda pendente o recoñecemento médico ao que será sometido a principio de semana no Hospital HM Modelo antes de pechar a súa incorporación ao Dépor até final de temporada con opción de compra.

Maksym Anatolievich Koval (Zaporiyia, Ucraína, 9 de decembro de 1992), internacional en todas as categorías no seu país, militou 2 temporadas no Metalurg Zaporizhia. En 2010 fichou polo Dinamo de Kiev. As campañas 2014-2015 e 2015-2016 estivo cedido no Hoverla Uzhhorod ucraíno e no Odense danés. Na temporada actual disputou un total de 18 partidos entre Premier de Ucraína, Europa League e a clasificación para a Liga de Campións.

Máis novas de: KOVAL