RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mal día na oficina para un Fabril que se deixa os 3 puntos ante o Racing Villalbés

O Fabril caeu (1-0) ante o Racing Villalbés en Abegondo, en partido correspondente á 15ª xornada en Terceira División e no que se homenaxeou, na previa, a Fino Fonticoba, utillero do Fabril que se xubilará proximamente após 30 anos ao servizo da canteira branquiazul.

A pesar deste resultado negativo, o filial deportivista mantense na 4ª praza, en postos de promoción de ascenso a Segunda División B, con 27 puntos.

O encontro ante os lucenses decidiuse por un gol de Jose Varela no minuto 17. Aos fabrilistas, espesos en ataque, custoulles romper a muralla defensiva lucense, co que as oportunidades de gol foron escasas.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Iago Parga, Eimil, Martí Vilà, Novo, Gandoy, Yalike, Villares, Mario Losada e Pedro. Tamén xogaron: Jawed Boumeddane e Javi Sánchez.

A próxima semana non haberá competición ligueira. En 15 días, o Fabril visitará ao CSD Arzúa.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1