RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de baixa intensidade para o Dépor, con charla, rondos e un exercicio táctico

O Deportivo tivo esta mañá unha sesión de baixa intensidade en Abegondo, como é habitual 2 días antes de cada partido.

Após unha charla no vestiario e un quecemento no céspede con rondos, os futbolistas realizaron un exercicio táctico no campo 3 como tarefa principal da mañá.

Estiveron á marxe do grupo David Simón, Christian Santos e Salva Ruiz, afectado dunha leve gastroenterite.

Kanouté e Mujaid foron os dous fabrilistas que hoxe se adestraron co primeiro equipo.

Mañá sábado, o cadro almorzará en Abegondo ás 10:00, para, a partir das 11:00 horas, realizar o último adestramento previo ao encontro copeiro.

Ao finalizar, Fernando Vázquez dará a lista de 18 futbolistas convocados para medirse este domingo 12 de xaneiro (12:00 horas) en Salamanca ao Unionistas CF, en partido correspondente á 2ª eliminatoria da Copa do Rei.