RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación entre o ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas

O Deportivo tivo esta mañá unha sesión de recuperación como é habitual dous días antes de cada partido.

Borja Jiménez cambiou de plans e optou esta mesma mañá, após un intercambio de impresións co seu cadro despois dos tres últimos días de adestramentos con carga física, que os seus futbolistas non salten ao céspede de Abegondo. No seu lugar dispuxo tarefas de mobilidade e core no ximnasio da Cidade Deportiva. A continuación, todos pasaron pola padiola dos fisioterapeutas e a zona de augas do complexo branquiazul.

Tan só os gardametas Mackay, Alberto e Pablo Brea exercitáronse sobre o céspede baixo a supervisión de Alberto Casal, técnico de porteiros.

O citado Alberto, Noel, Yeremay e Trilli, que se adestra á marxe do grupo, foron a representación de #ANOSACANTEIRA hoxe venres.

Mañá sábado ás 10:30, o Deportivo realizará unha última sesión de adestramento en Abegondo, a porta pechada. Ao finalizar, Borja Jiménez dará a lista de convocados que a continuación viaxarán en autocar a Salamanca para visitar ao Unionistas CF o domingo 26 de setembro ás 12:00 (Footters), no Estadio Reina Sofía.