RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mañá martes, o Xuvenil A coñecerá ao seu rival na Copa do Rei

Mañá martes 17 de abril, o Xuvenil A coñecerá ao seu rival nos oitavos de final da Copa do Rei. O sorteo terá lugar ás 12:00 horas nos locais da Federación Española na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid). A eliminatoria, a dobre partido, xogarase os días 13 e 20 de maio.

O Xuvenil A accede á competición copeira como subcampión do grupo 1º da División de Honra.

O conxunto que prepara Rubén Coméndez acabou a competición regular con 68 puntos, con 21 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. Foi o equipo máis goleador, con 83 goles, e tamén o menos goleado: 22 tantos encaixados.

Os outros 15 equipos que estarán no sorteo son: Sporting de Gijón (grupo 1º), Athletic Club, Real Sociedad (grupo 2º), FC Barcelona, Real Zaragoza (grupo 3º), CD Málaga, Real Betis, CD San Félix de Málaga (grupo 4º), Atlético de Madrid, Rayo Vallecano, Real Madrid (grupo 5º), UD Las Palmas, CD Tenerife (grupo 6º), Atlético Madrileño CF e Valencia CF (grupo 7º).