RCD / NOVAS

Mañá non haberá servizo de autobuses no DéporCampus Cabreiroá Abegondo

27/06/2017 17:20

Por causa da folga de autobuses convocada para esta semana, os participantes no DéporCampus Cabreiroa de Abegondo que se desprazan ata a Cidade Deportiva nas liñas postas en marcha pola organización, non poderán gozar do servizo. Os 3 autobuses que cobren as 5 liñas activas non circularán, polo que os participantes no Campus deberán acudir a Abegondo polos seus propios medios. Todos os adestradores do Club que traballan nesta actividade estarán desde primeira hora en Abegondo para levar a cabo a terceira xornada do Dépor Campus con todos aqueles nenos e nenas que estean presentes nos campos branquiazuis.

O Real Club Deportivo quere trasladar as súas desculpas polas molestias ocasionadas, por causas alleas á súa vontade, ás familias afectadas.