RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mañá redonda do Infantil B en Abegondo

O Infantil B pasou unha mañá tranquila ante o Laracha (11-0), en partido da 11ª xornada do grupo 1º de Primeira Autonómica. Diego, Barral -2-, Mardones -2-, Iván, Trigo -2-, Óscar e en propia meta -2- foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este amplo marcador e o empate do líder Orillamar, o conxunto deportivista é segundo na táboa con 27 puntos, a tan só 2 de diferenza do primeiro clasificado, que suma 29 puntos.

Infantil B: Marcos, Zerfu, Rubén, Miguel, Ayana, Estévez, Marco Baña, Mardones, Barral, Diego e Trigo. Tamén xogaron: Zoe, Pedre, Óscar e Iván.

O vindeiro sábado 4 de novembro, o Infantil B visita ao Obrero, ás 11:00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros).

Os resultados do Infantil B até a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)
Infantil B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - Bergantiños B 1
Orillamar 2 - Infantil B 2 (Trigo e Dani)
Infantil B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - Santa María del Mar 3
Maravillas A 0 - Infantil B 8 (Barral -2-, Diego -2-, Miguel, Rubén, Álvaro e Zerfu)
Infantil B 11 (Diego, Barral -2-, Mardones -2-, Iván, Trigo -2-, Óscar e en propia meta -2-) - Laracha 0