RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá relaxada en Abegondo, con felicitación incluída de aniversario para Borja Jiménez

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Dépor rebaixou esta mañá a intensidade do seu adestramento. O cadro gozou dunha mañá asollada na Cidade Deportiva con xogos, rondos e coa felicitación a Borja Jiménez, que hoxe cumpre 37 anos.

Así, antes de arrancar a sesión, futbolistas, técnicos, médicos, fisioterapeutas... formaron un corredor no campo 3 para trasladarlle ao técnico deportivista a felicitación en forma de lapotes.

Borja Jiménez recibiu de bo grado o cariñoso agasallo do seu cadro e mesmo participou logo nalgún dos rondos cos seus futbolistas.

Con Jaime con traballo personalizado, o corpo técnico puido contar co resto do seu cadro sobre o céspede, incluídos os canteiráns Trilli, Noel, Yeremay e Alberto.

Mañá sábado 22 de xaneiro, o Dépor adestrarase de novo ás 10:30 en Abegondo antes de partir en autocar a Madrid para visitar o domingo 23 (12:00 horas, Footters) ao DUX Internacional de Madrid no último partido da primeira volta.