RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Mañá sábado arrinca unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA

Mañá sábado 8 de decembro arrinca unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA. Repiten partido esta semana Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete B e Infantil A.

De todos eles, serán en Abegondo mañá os encontros do Cadete B e Infantil A, ambos ás 10:00. Para estes partidos, os socios do Dépor teñen entrada gratuíta. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Compite lonxe da Cidade Deportiva mañá sábado o Fabril (16:00) fronte ao Unionistas de Salamanca CF.

Após a espectacular remontada da pasada fin de semana ante o Real Madrid, Sergio Pellicer busca encadear resultados positivos que permitan ao filial saír da zona perigosa.

O técnico fabrilista leva a estes xogadores: Álex Cobo, Pedro López, Víctor Eimil, Lucas, Blas, Raúl González, One, Quique Fornos, Sáelles-Lamonge, Gaizka, Gandoy, Víctor, Juanje, Iago Novo, Uxío, Pedro, May e Montiel.

Para o domingo quedan os compromisos do Deportivo ABANCA B (12:30 en Sanxenxo), Xuvenil A (12:15 en Santander fronte ao Atlético Perines) e Xuvenil B (12:00 en Vigo ante o UD Santa Mariña).

Destaca a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina con 39 puntos, ás Viaxes InterRías FF, segundo con 35 puntos. Unha vitoria deportivista suporía un paso de xigante cara ao título ligueiro.

Esta fin de semana toca descanso nas competicións de liga para alevíns e benxamíns; ademais do Cadete A e Infantil B, cuxos partidos pasaron ao xoves 13 e mércores 12 respectivamente.

No caso do Cadete A, o motivo é a súa participación esta fin de semana no Torneo Vila de Cabanillas (Navarra).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B

16ª xornada: UNIONISTAS DE SALAMANCA CF - FABRIL, o sábado 8 de decembro ás 16:00 nas pistas do Helmántico (Salamanca)

Clasificación: ... 15. CDA Navalcarnero e Real Valladolid B, 16 puntos; 17. CF Salmantino, 14 puntos; 18. Burgos CF e Fabril, 12 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 10 puntos...

Categoría feminina

14ª xornada: VIAXES INTERRIAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 9 de decembro ás 12:30 en Baltar de Arriba (Sanxenxo)

Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 39 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 35 puntos...

Categoría xuvenil

16ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 9 de decembro ás 12:15 no campo Vicente Miera (Santander)

Clasificación da División de Honra: ... 5. Real Oviedo, 27 puntos; 6. Xuvenil A, 25 puntos; 7. Ural CF, 23 puntos...

15ª xornada: UD SANTA MARIÑA - XUVENIL B, o domingo 9 de decembro ás 12:00 no campo de Cotogrande 2 (Vigo)

Clasificación da liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 32 puntos; 4. Pabellón Ourense CF e Xuvenil B, 28 puntos; 6. CD Choco, 23 puntos...

Categoría cadete

15ª xornada: UD SANTA MARIÑA - CADETE A, o xoves 13 de decembro ás 17:00 en Cotogrande (Vigo)

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Cadete A, 35 puntos; 3. Ural CF, 31 puntos...

15ª xornada: CADETE B - ORILLAMAR SD, o sábado 8 de decembro ás 10:00 en Abegondo

Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 37 puntos; 3. Cadete B e Racing Villalbés, 30 puntos; 5. CF Dumbría, 29 puntos...

Categoría infantil

15ª xornada: INFANTIL A - EF LALÍN, o sábado 8 de decembro ás 10:00 en Abegondo

Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 42 puntos; 2. Bertamiráns FC, 39 puntos...

17ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CORUÑÉS SD, o mércores 12 de decembro ás 19:00 en Abegondo

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 48 puntos; 2. Ural CF B, 40 puntos...