RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Mañá sábado, cita ligueira para 6 equipos de #ANOSACANTEIRA

Mañá sábado 3 de novembro teñen cita ligueira 6 equipos de #ANOSACANTEIRA.

Deles, 2 xogan na Cidade Deportiva: Infantil A (11:00 horas) e Infantil B (16:30). Para o primeiro dos partidos, do mesmo xeito que o do Cadete B do domingo (11:00 horas), os socios teñen entrada gratuíta a Abegondo. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Compiten como visitantes os restantes 4 equipos: o Xuvenil A en Xixón (16:00 fronte ao Roces); o Xuvenil B en Vigo (16:15 ante o CVC Valladares); o Cadete A en Nigrán (16:00 fronte ao ED Val Miñor Nigrán); e o Alevín A en Santa María del Mar (13:00 horas).

O partido destacado da xornada ligueira é o choque do Fabril ante un rival directo, o Rápido de Bouzas, previsto para o domingo 4 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo.

O filial, despois de 4 derrotas consecutivas, necesita os 3 puntos para cambiar a dinámica do equipo.

Como é habitual, os socios do Dépor teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Queda tamén para o domingo (16:00 horas) a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ao Victoria CF B de Santiago, terceiro clasificado a 4 puntos de diferenza.

O Infantil B abriu onte xoves 1 de novembro, día festivo, a fin de semana. O seu rival no grupo 1º da Primeira Autonómica foi o Oza Juvenil na Torre, ao que derrotou (1-5) grazas aos goles de Carballo -2-, Rubén -2- e David.

Tamén onte, o Xuvenil A de División de Honra disputou en Abegondo un amigable ante o Laracha CF de Terceira División. Acabou en táboas (2-2), con Litos e Armas como goleadores branquiazuis.

Esta semana toca descanso para Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 4 de novembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Unionistas de Salamanca CF, 10 puntos; 16. Burgos CF, 9 puntos; 17. CDA Navalcarnero, 8 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 7 puntos; 19. CF Salmantino, 6 puntos; 20. Fabril, 4 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada: VICTORIA FC B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de novembro ás 16:00 no Municipal do Sergas (Santiago)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 24 puntos; 2. Viajes InterRías FF e Victoria FC B, 20 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable, xogado onte xoves: XUVENIL A 2 (Armas e Litos) - LARACHA CF 2
10ª xornada: DEPORTIVO ROCES - XUVENIL A, o sábado 3 de novembro ás 16:00 no campo de Covadonga (Xixón)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Racing Club, 19 puntos; 4. Sporting de Gijón e Oviedo, 18 puntos; 6. Xuvenil A e Deportivo Roces, 14 puntos; 8. Ural CF e Atlético Perines, 13 puntos; 10. Bansander, 11 puntos...

9ª xornada: CVC VALLADARES - XUVENIL B, o sábado 3 de novembro ás 16:15 na Gándara (Valladares-Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, Victoria CF, Pabellón Ourense CF e CD Calasanz, 19 puntos; 5. CD Areosa e Xuvenil B, 16 puntos; 7. CD Choco e Racing Club Villalbés, 13 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE A, o sábado 3 de novembro ás 16:00 no campo de Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 24 puntos; 2. Ural CF, 19 puntos...

Amigable, xogado o pasado luns: CADETE B 0 - SELECCIÓN CORUÑESA 'SUB-15' 3
9ª xornada: CADETE B - URAL CF B, o domingo 4 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Bertamiráns CF, 22 puntos; 2. Racing Villalbés e CF Dumbría, 21 puntos, 4. ED Xuventude de Oroso e Cadete B, 19 puntos; 6. Galicia Caranza, 16 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL A - URAL CF, o sábado 3 de novembro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns CF, 24 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 20 puntos...

10ª xornada, xogado onte xoves: OZA JUVENIL SD 1 - INFANTIL B 5 (Carballo -2-, Rubén -2- e David)
11ª xornada: INFANTIL B - ORILLAMAR SD, o sábado 3 de novembro ás 16:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 30 puntos; 2. Ural CF, 25 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A - ALEVÍN A, o sábado 3 de novembro ás 13:00 en Santa María del Mar
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Alevín A e Ural CF A, 9 puntos; 3. CD Calasanz A e ED Luis Calvo Sanz A, 7 puntos...