RCD / NOVAS

Mañá venres chegan os equipos participantes do Trofeo Teresa Herrera

Mañana venres chegarán á Coruñao tres equipos que, xunto ao Deportivo, conforman a presente edición do Trofeo Teresa Herrera.

07/08/2014 13:12

Así, a axenda dos diferentes equipos na cidade é a seguinte:

Sporting de Xixón
Chegada prevista por estrada mañá venres 8 de agosto ás 21.00 horas.
O hotel de aloxamento é o Attica 21 (zona Matogrande).
O conxunto asturiano ten solicitado un campo de adestramento o sábado 9 de agosto ás 10.00 en Abegondo.

Nacional de Montevideo
Aterra o venres 8 de agosto ás 15.30 ao Aeroporto da Coruña.
O hotel de concentración na Coruña do conxunto uruguaio é o Tryp Coruña (á beira do Corte Inglés).
O Nacional solicitou un campo de adestramento en Abegondo o mesmo venres ás 19.30 horas.

Sporting Club de Portugal
Ten previsto aterrar o venres 8 de agosto ás 20.30 no Aeroporto da Coruña.
O hotel de concentración do conxunto lisboeta é o Hotel Meliá María Pita.