Mañá xoves inaugúrase na Coruña a pena Fernando Vázquez
Desde mañana xoves 21 de novembro, Fernando Vázquez tendrá a súa propia peña deportivista. Será inaugurada ás 20.30 horas na Cervecería Dospazos, sita en cálea Mosteiro de Caaveiro nº 10 da Coruña. Dav
Acompañarán ao técnico todos os seus colaboradores e o delegado do primeiro equipo Juan Anxo Barros, que tamén representará ao Club en lugar do Conselleiro Francisco Dopico, ausente por motivos particulares; ademais de directivos da Federación de Penas.
Hoxe mércores, a localidade arteixana de Pastoriza terá unha nova pena deportivista. Será a pena "As Viandas As Mozas de Ouro", que será inaugurada ás 21.00 horas. Rocío Permuy é a súa Presidenta; e María Luisa Calvelo, a Secretaria.
O acto desta noite será no local social, sito no Mesón As Viandas (Travesía de Pastoriza nº 147, Arteixo).
Os canteiráns Seoane, Juan Carlos e Bicho serán os padriños. Asistirá ademais o Conselleiro Francisco Dopico; así como membros da directiva da Federación de Penas.