RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manu Fernández, novo porteiro do Dépor: ''Veño á miña segunda casa''

  O porteiro Manuel Fernández Muñiz (Gijón, 9 de maio de 1986), coñecido futbolísticamente como Manu, superó esta mañana o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e firmó

Declarou aos medios de comunicación que vén ao Dépor, "á miña segunda casa. Vivín aquí catro anos. Foi a miña primeira cidade na que vivín despois de estar na miña terra. Estou moi contento, moi ilusionado".
 
 
Manu desvelou que o seu regreso se xestou "da noite para a mañá. O xoves chámame o meu representante da posibilidade de asinar aquí e ao día seguinte estabámolo facendo xa".
 
Explicou que estaba a adestrar na súa terra cunha escola de porteiros, 'Dorsal 13', que foron "os que me axudaron a manter un pouco o ton, a facer portaría vaia, que era o que necesitaba".
 
Viu o partido ante a Real Sociedade do pasado sábado por televisión: "Deixoume moi boas sensacións. Un equipo serio, ordenado e peleón, que é o que fai falta".