RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez laméntase dunha "fraxilidade defensiva a nivel global que non é propia"

Manu Sánchez compareceu esta mañá ante os medios de comunicación en rolda de prensa telemática.

O técnico do Deportivo ABANCA manifestou que non séntese cuestionado aínda que "no fútbol todos os adestradores estamos a expensas dos resultados. E se os resultados non chegan, está claro que a primeira mirada vai sempre cara ao banco. Pero nese sentido estou tranquilo, estou forte, con ganas de reverter esta situación que pode darse no fútbol".

Subliña que "tanto eu como a xente que está a traballar comigo e elas mesmas gañáronse con suor o crédito que temos hoxe en día. Non é casualidade. Este ano estámolo vendo. Ningún equipo recentemente ascendido achégase aos números que fixemos nós o ano pasado. E iso non é casualidade. Casualidade pódese dar nun partido pero non nunha traxectoria. Neste sentido temos que seguir traballando, hai que modificar moitas cousas".

En canto ao encontro ante o Atlético de Madrid onte en ABANCA-RIAZOR, Manu Sánchez cre que "non estivemos á altura nin do escudo nin da categoría que estamos. E iso tennos que facer reflexionar moito. E agora temos este parón para facelo".

Os goles temperáns non os achaca o adestrador branquiazul a unha falta de concentración "porque ao final hai que ser realistas e encaixamos en todos os minutos. Hoxe levamos unha goleada que non é propia de nós, deste escudo e desta competición. Estamos a ver que xornada após xornada seguimos encaixando con moita facilidade e temos unha fraxilidade defensiva a nivel global que non é propia. Calquera xogadora que salga a xogar un partido da Primera Iberdrola se non está concentrada ten un problema de base que non ten nada que ver co que nos está pasando a nós".

Ten claro que haberá cambios na dinámica do equipo: "Mañá (por hoxe luns) falarei con elas. Temos que mirar aos ollos á competición de verdade. Ten que haber un punto de inflexión se non en resultados, polo menos no que facemos no campo. Non podemos buscar escusas onde non as hai, nin inventalas. O que ocorre nos partidos está á vista de todo o mundo e aí pódese ver. Hai cousas que non se poden tapar. Temos que atallar, asumir as cousas e ao momento. Non hai máis tempos para inventos. Isto é fútbol, estamos na elite e é o momento de tratar todo isto como se merece".

Nesta liña, opina Manu Sánchez que "que non che saian as cousas, que non cheguen os resultados provoca esa ansiedade, ese nerviosismo. Cando empezan os partidos xogamos co marcador 0-0 e estannos faltando cousas que son básicas; mecanismos e comportamentos que son prioritarios neste equipo e non están a saír. Cambiamos diferentes estruturas, sistemas... Modificamos o modelo e segue sen saír. Iso xera o aspecto psicolóxico pero está claro que o principal problema témolo co balón".

Admite que agora "calquera reforzo viríanos ben porque estamos a ter lagoas e problemas en moitas posicións dos equipos; como xa estamos a ver coa entrada de Eva Dios, que xa nos agradou en pretemporada e moito. É unha pena que non teña outro contexto de equipo para debutar en Primeira División e para gozar dos seus minutos. Pero é o camiño que nos toca e niso temos que traballar. Aínda así é imposible que podamos cambiar ás vinte e dúas xogadoras e ao seis membros do corpo técnico. Hai que asumir os erros que estamos a cometer e atacalos".