RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez lembra que "estamos a gozar moitísimo de todo isto, de como se está dando"

Manu Sánchez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Levante UD, rival este domingo 8 de decembro na Ciudad Deportiva de Buñol (18:30 horas, Gol), é "outro histórico do fútbol feminino deste país. É un gran rival que ademais está no mellor momento da temporada. Empezaron con altibaixos, asimilando as ideas de María Pry (adestradora). É un rival con grandes estrelas deste país. Imos tentar pelexar".

Explica que o conxunto levantinista "fixo (no seu campo) algúns resultados irregulares. Agora si encadeou unha boa serie de partidos. Buñol é un campo de herba natural, de boas dimensións. Vénnos ben. Imos tentar darlles un susto".

Advirte que tanto Deportivo ABANCA como Levante UD "somos dous equipos cun modelo de xogo similar. Os dous equipos imos querer ter o balón, imos ver quen se impón nesta faceta. Ambos cun xogo interior poderoso. Imos ver se iso transfórmase nun partido de loita no carril central ou nun partido de ida e volta. Imos tentar ser protagonistas unha vez máis", conclúe.

Manu Sánchez asegura que "estamos a gozar moitísimo de todo isto, de como se está dando. Non me canso de repetir ás xogadoras que isto é algo único e que en calquera momento pódese acabar; ou pode non repetirse. Entón hai que gozar todo o camiño".

Nesta liña, subliña que a pasada fin de semana ante o Sevilla FC "vimos non quizais un bo partido de fútbol, o que nós queriamos; pero si comuñón coa bancada. E todo iso temos que seguir explotándoo".

Preguntado pola situación do equipo masculino ou do Club, o adestrador branquiazul recalca que "afecta a todos os departamentos do Club, a todos os equipos. O primeiro equipo é iso, o primeiro equipo. Dependemos todos del. É unha mágoa a situación que estamos a atravesar. Para iso só hai unha receita, que é a da unión. No noso equipo tratamos de animar e apoiar o que podemos. Aquí en Abegondo con todos os equipos hai unha relación espectacular, todos os técnicos, os xogadores, as xogadoras. Gustaríame que moita xente que pon en dúbida todo isto vivíseo. Aquí respírase deportivismo e todos imos a unha. Hai que seguir con iso e oxalá lles vaia ben canto antes".

En canto ao mercado de inverno, Manu Sánchez confesa que "a Pablo (Pereiro) sempre lle estou pedindo cousas, todo o que sexa que podamos mellorar na medida do posible o equipo, reforzar. Temos un orzamento limitado pero imos tentar se se pode traer algo".