RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez: "Somos unha das cincentas, pero temos o orzamento máis alto en ilusión da Iberdrola"

Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, manifestou esta tarde na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "somos un dos recentemente ascendidos, un dos equipos cincenta como se adoita dicir. Pero temos o orzamento máis alto en ilusión da Primeira Iberdrola. É o que temos que demostrar agora", apunta de cara ao arranque ligueiro de mañá domingo 8 de setembro en Abegondo ante o RCD Espanyol (12:00 horas).

O técnico deportivista explica que "fixemos un traballo extenso e duro para chegar nas mellores condicións neste primeiro partido. Hai moito que traballar pero chegamos preparados".

Define ao RCD Espanyol, rival mañá, como "un clásico, un dos históricos do panorama nacional". "Está no top 5 do fútbol feminino en España. Con toda a humildade para recibilas e tratar de porllo o máis difícil posible".

Confesa que nestas horas previas, máis que preocupación, "hai un pouco de incerteza por ver o nivel que podemos dar, sobre todo nesta primeira xornada. Pero confiados no traballo que realizamos até agora".

Manu Sánchez advirte que o Deportivo ABANCA vaise a atopar "coa Primeira División feminina máis impactante da historia e máis importante a nivel de apostas de clubs, e do nome e calidade das xogadoras que recalaron nela. Non vai ter moito que ver co visto até agora de Iberdrola. Deu un salto de calidade importante a todos os niveis. De cara ao equipo hai que xestionar un pouco a exposición mediática, esta visibilidade, que é boa. Agora, que o asimilen ben as xogadoras".

Mañá pide o adestrador branquiazul unha Cidade Deportiva "chea de xente animando ao equipo. Á afección do Dépor non se lle pode pedir nada. Demostrou en toda a súa historia que sempre dá. O ano pasado dicíalle ás xogadoras que tiñamos que darlle nós para recibir despois ese agarimo. E así foi no play off. Esperemos que veñan mañá e todos os partidos que disputemos. É importante para elas ese ánimo".