RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Manu Sánchez, técnico do Dépor ABANCA, visita este sábado a Escola de Fútbol Feminino Rosalía de Ourense

Manu Sánchez, adestrador do Deportivo ABANCA, visitará este sábado 2 de xuño a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, que está integrada na estrutura da Asociación Deportiva Bosco dos Salesianos de Ourense.

O técnico deportivista estará presente nunha primeira xornada de convivencia na que están inscritas preto de 70 xogadoras. Haberá adestramentos pola mañá a partir das 11:30 horas por grupos de idade, e partidos pola tarde ás 16:00 horas, todo iso nas instalacións do colexio Salesianos de Ourense. A actividade finalizará ás 19:00 horas.

O Deportivo ABANCA tamén se nutre da canteira ourensá, como o proba a defensora Patri Rúa, unha das xogadoras máis utilizadas por Manu Sánchez nas aliñacións do equipo branquiazul a pasada temporada.