RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manuel Pablo adestrará ao Xuvenil esta temporada

Manuel Pablo García Díaz (Arucas, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) será o adestrador do Xuvenil de División de Honra nesta nova temporada. O exjugador Deportivista, lenda do Club nos terreos de xogo, pasa deste xeito a levar as rendas dun dos equipos destacados da nosa canteira após exercer labores de segundo adestrador do Fabril nas últimas campañas.

O xuvenil afrontará, ademais dunha nova sesión na División de Honra nacional, da que este ano se proclamou brillante campión, a participación na UEFA Youth League, clasificación obtida após o triunfo alcanzado en Marbella a principios deste mes de xullo con Óscar Gilsanz á fronte, adestrador do Fabril para este ano.

Juan Villamisar formará, xunto a Manuel Pablo, o tándem técnico do xuvenil branquiazul.