RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Con traballo, unidos, seguimos aí, que é o importante

O capitán Manuel Pablo estrenó demarcación na súa carreira deportiva en partido oficial ao ocupar o posto de central en Valdebebas substituíndo ao lesionado Marchena. Así o reconoció esta mañana en rolda de prensa

Lembra o lateral deportivista que "levamos unha tempada difícil desde o principio. Pero con traballo, unidos, non xogando moitas veces todo o ben que todos queriamos, seguimos aí, que é o importante. Cando estás aí estás contento, estás alegre e ves o obxectivo".

Con 38 anos, o incombustible capitán branquiazul advirte que "ao meu me gusta a competición. Gústame xogar, gústame adestrar, gústame estar aquí. Por iso un a estas idades mantense. Non é fácil vir todos os días a adestrar con esta idade".

Por conseguinte, "véxome outra tempada máis. Pero tampouco depende de min só. E véxome aquí, que teño contrato co Club", lembra o canario.

Sobre o Recreativo de Huelva, rival do Dépor este domingo (12.00 horas, Riazor), Manuel Pablo cre que "soubo seguir competendo sen xogar tan ben e non nos vai a regalar nada".