RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Creo que somos un equipo forte, pero iso hai que demostralo no campo

Manuel Pablo, capitán do Deportivo, non ocultó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o equipo é un dos rivais a bater en Segunda: "Todos nos ven como favoritos e sabemos que cando é así os equipos van

Ve ao vestiario animado: "A xente que está aquí vén con ganas, está aquí porque quere. Todos estamos a pensar no mesmo. Temos un reto importante diante".

Dos novos, Manuel Pablo xa tivo contacto con dous deles: "A Ayoze coñecíao de tempo e a Jesús Vázquez igual, de enfrontarme varias veces con el. Salomao é o único que non coñecía".

Cre que é fundamental "contar co apoio do público en casa" e asegura estar sorprendido pola resposta da afección: "Non pensaba que houbese tanto pero tiña a idea que podía responder a afección".

Manuel Pablo rexeita calquera tipo de inconveniente que pode supor o adaptarse de novo á Segunda División, despois de tantas tempadas en Primeira: "Hai equipos que parece que lles custou adaptarse, pero para o meu é fútbol. O que hai que demostrar é que temos xogadores bos. Xógase igual en Primeira e en Segunda". O lateral deportivista recoñece que xogou unha tempada en Segunda xusto antes de recalar no Deportivo, alá pola tempada 1998-99.

Destaca que un bo comezo de Liga "marca para a ilusión da xente. Pero nunha categoría tan larga xa vimos como é. Uns equipos empezan moi forte, logo vanse abaixo, logo volven subir..."