RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo e Medunjanin representarán ao Dépor no partido Champions for Life

Os xogadores do Deportivo Manuel Pablo e Medunjanin foron seleccionados para participar na segunda edición da 'Champions for Life', unha iniciativa solidaria da liga de Fútbol Profesional en favor de UNICEF.

Esta cita benéfica será o vindeiro luns 29 de decembro no estadio Vicente Calderón de Madrid.

Participarán un total de 66 futbolistas dos 42 clubs de Primeira e Segunda División, que se dividirán en seis equipos (tres do oeste e outro tres do leste). Haberá tres partidos de 30 minutos de duración entre oeste e leste.