RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Esperamos estar mellor que en Bogotá

O hotel Marriott Cali foi o escenario da rolda de prensa oficial ao partido que se disputará esta próxima madrugada entre o conxunto local, o Deportivo Cali, e o Deportivo, ás 20.00 (hora local, 3.00 horas do venres 25 en España). Man

O capitán do Deportivo, Manuel Pablo, manifestou en primeiro lugar que "esperamos estar mellor que en Bogotá, onde a altura e os cambios horarios afectáronnos bastante, sobre todo ao principio. Logo xa foi mellor".

O lateral deportivista lembra que "levamos só unha semana adestrando e iso nótase na diferenza en físico cos rivais. Pero melloramos día a día e esperamos ser competitivos mañá (polo partido de hoxe)".

Sobre o recente ascenso á liga BBVA, Manuel Pablo asegura que "fixemos as cousas ben desde o principio, ter o obxectivo marcado sabendo a situación do Club que era difícil porque necesitaba ascender. Agrupámonos cunha idea clara de ser difíciles para os rivais. Outros equipos con máis nome ou mellores persoais custoulles máis. Sempre fomos polo camiño recto e mirando o final o obxectivo do ascenso. Só seis equipos na historia do fútbol conseguiron ascender nada máis baixar, e o Dépor conseguiuno dúas veces".

Juan Domínguez explica que ás veces "parece que hai dúas ligas, a do Real Madrid e Barcelona; e a dos demais. Eles son superiores economicamente, non teñen límite para fichar e son inalcanzables. Parece que está a cambiar a cousa co Atlético de Madrid. Esperemos que haxa cada vez máis equipos con capacidade para competirlles e estar en disposición de gañar igual que eles".

A preguntas dun xornalista de Antena 2, unha emisora local, Manuel Pablo opina que o Deportivo "estivo a pelexar cinco anos pola liga e a Champions cos grandes. Tivo que facer o seu sacrificio. Unha vez que saes da Champions pois economicamente os ingresos baixan moitísimo e cando deixas de ter éxito a situación complicouse. Logo co descenso as ganancias baixan moitísimo e agora estamos a tentar aguantar ao Club, sabendo que necesitamos o ascenso por toda a débeda que ten. Aínda hai que traballar moito, e o que hai que facer é mellor as cousas, asentándose aos poucos en Primeira e estamos a tentar facer éso".

Neste sentido, Juan Domínguez cre que "se están facendo as cousas ben, acorde o nivel do Club. E ese é o camiño a seguir. Aos poucos pero facer as cousas ben. O mellor é ir amodo e con boa letra. Conseguimos unha cousa importante que é o ascenso. Agora hai que seguir traballando, seguir mellorando, conseguir a permanencia e oxalá que deica pouco o camiño do Dépor sexa ascendente"