RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Non podemos fallar. É unha final na nosa casa, coa nosa xente

O capitán Manuel Pablo compareció esta tarde en rolda de prensa en Abegondo. "Temos un partido en casa, queremos gañar e estamos convencidos que fixemos un traballo desde agosto para chegar a esta situación con garantías d

Asegura que "non podemos fallar. É unha final na nosa casa, coa nosa xente. Queremos gañar, válenos cun punto pero esperamos darlle a vitoria á xente".

Lembra Manuel Pablo que "na primeira volta, esta serie de partidos custounos bastante". Ademais, "volvemos a ter fallos a balón parado que che condenan. Temos unha oportunidade moi boa de arranxalo".

Do seu futuro, prefire esperar a final de tempada. "Só estou visionando o ascenso. Nada máis. O importante é que consigamos o obxectivo xa", subliña, aínda que si recoñece, con catro anos de contrato por diante, que lle gustaría seguir no campo a tempada que vén.