RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo pide unidade de face a unha ''tempada difícil''

Manuel Pablo, capitán do Deportivo, compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

Sobre a chegada de Víctor Fernández, o lateral deportivsta recoñeceu que "é un cambio que non esperabamos. Hai que aceptalo así. O Consello tomou unha decisión e agora toca traballar desde o primeiro día porque vén unha tempada difícil para o Club. Creo que imos ter que sufrir e a traballar moito".

Asegura estar alegre "de estar aquí como xogador, sempre tentando achegar". Indica Manuel Pablo que a tempada que agora arrinca "en principio é a última. Pero agora só penso en axudar todo o que poida".

Iso si, promete batalla por un posto no once: "Vou pelexar por xogar, sabendo que hai que estar unidos. Non vai ser unha tempada bonita que gañes moitos partidos. Imos ter que pelexar moito e estar moi unidos equipo, afección e tamén vós (en referencia aos medios de comunicación)".