RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo rebaixará a intensidade do adestramento os próximos días

Manuel Pablo rebaixará estes próximos días a intensidade do seu adestramento e non xogará o amigable de mañana venres en Cerceda ante o Silva SD.

O capitán sufriu unha recaída da lesión no tendón proximal dos isquiotibiais dereitos, polo que será sometido a un ciclo de tratamento por medio de ondas de choque focales ecoguiadas, potenciadas con plasma rico en factores de crecemento. Permanecerá realizando tan só unha parte do traballo físico mentres se logra unha cicatriz sólida, antes de progresar no seu programa de recuperación

A sesión desta tarde foi física no campo de golf do Hotel Balneario & Golf Club de Guitiriz.

O catro porteiros (Lux, Fabricio, David e Anxo) tiveron só traballo de ximnasio.

Mañá venres, o equipo adestrarase ás 10.00 de novo en Abegondo.