04/07/2017 17:18 |
RCD / NOVAS
Manuel Pablo, Rise e Fabricio completan co grupo o adestramento de hoxe martes
Manuel Pablo, Oriol Rise e Fabricio completaron co grupo o adestramento do primeiro equipo en Abegondo, este mediodía baixo unha intensa choiva, xunto aos futbolistas que onte non foron titulares en Vallecas. O tres aún non dispoñen do alta médica.

Para todos houbo un circuíto físico e tarefas con balón, cun partido final en campo reducido.
Laure, Sidnei, Arribas, Navarro, Borges, Mosquera, Juanfran, Fayçal, Luís Alberto e Lucas, ademais de Luisinho, tiveron recuperación, con carreira continua, estiramentos e masaxe.
Só Cani estivo á marxe, co readaptador Pablo López.
Mañá mércores haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o xoves ás 10.30 en Abegondo.
O plan semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é o seguinte:
Mércores 16 de setembro
Descanso
Xoves 17 de setembro
10.30: Adestramento en Abegondo
18.00: Adestramento en Abegondo
Venres 18 de setembro
18.00: Adestramento en Abegondo
Sábado 19 de setembro
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada