RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Só teño palabras de agradecemento

Manuel Pablo García Díaz comparecía esta tarde ante os medios de comunicación para agradecer o interese de afeccionados, amigos, deportistas e institucións que se envorcaron con el e a súa familia tras a súa desgraciada lesión do domingo no Deportivo - Ce

O xogador atendeu aos medios sentado en cadeira de rodas, con moi boa cara e co seu sentido do humor habitual.

Como te atopas?

Manuel Pablo: Ben, nestes momentos remitiu a dor e atópome ben e animado.

Esperábasche o eco que tivo a túa lesión?

M.P: Non, o certo é que non e que só teño palabras de agradecemento para todas as persoas que me mandaron mensaxes de apoio desde todo o mundo. Foi algo incrible. Sorprendeume porque recibín o agarimo de xogadores, afeccionados, de ex futbolistas,... Só teño palabras de agradecemento.


A visita de Anxo María Villar

M.P: É impresionante que xente tan importante preocúpese por tí. Vendo todas as mostras de agarimo de tanta xente.... o que queres é recuperarche canto antes para devolverlles ese agarimo.

O partido ante o Vilarreal

M.P: Vin as imaxes e ouvino pola radio. Os meus compañeiros... son estupendos (O xogador tamén mencionou a ovación da afección do Madrigal cando Donato dedicoulle o tanto). Desde o primeiro momento estiveron aí e só teño agarimo para eles. Realmente foi fantástico como se portou a xente. Mención especial teño que facer aos meus pais, á miña noiva e á familia da miña noiva, que son os que peor o pasaron comigo.


Prazos de recuperación

M.P: Non me poño metas nin datas. O único que quero é recuperarme para estar ao 100%. Eu confío nos médicos e nos prazos que eles dan e non queres forzar para que logo salga peor.

A xogada con Giovanella

M.P: Vin a xogada, pero non me facía falta porque me acordo perfectamente dela. É unha desas xogadas horribles.

Giovanella

M.P: No momento da xogada teño que recoñecer que me enfadei con el, pero despois, eu creo que non foi nin falta, que foi unha xogada desgraciada sen máis.

Chegada dos seus pais á Coruña

M.P: O certo é que foi unha sorpresa, aínda que eu tentaba tranquilizalos por teléfono, presentáronse aquí e agora que me ven ben están máis tranquilos.

Camacho

M.P: Chamou o primeiro día pero falou coa miña noiva, Vanesa, eu creo que estaba no quirófano, e tamén foi moi atento e amable.

O Mundial

M.P: Aínda queda moito tempo e nunca se pode descartar.

(Houbo un momento de broma): Agora pasarás moito intre coa Playstation...

M.P: Si, dixéronme os de Sony que van facer a versión 3 para min.